«Chanzos de memoria» es un archivo de 20 videoentrevistas realizadas a 22 vecinos y vecinas de Xuño por los creadores Javier Codesal y Manuel Olveira. Una producción de la Asociación Sartaxas y la Comunidad de Montes de Xuño, subvencionada por la Diputación de Coruña a través del Programa FO203.
La presentación del domingo día 27 de septiembre es una actividad abierta organizada por estas dos mismas asociaciones y tendrá lugar desde las 9:30 hasta las 21:00 horas. Como sedes, cinco bares de Xuño. Cada uno de ellos proyectará en bucle durante todo el día cuatro entrevistas, distintas en cada bar. Y, a partir de las 16:00 horas, actuación de la Banda de Caamaño, que irá de un bar a otro para tocar unas piezas en la puerta y así animar a los vecinos.

UNA INVITACIÓN EN GALEGO
A Asociación de veciñas e veciños Sartaxas e a Comunidade de Montes de Xuño teñen o pracer de comunicarvos a próxima presentación, o 27 de setembro, durante as festas de San Miguel, do proxecto Chanzos de memoria. Producido entre 2024 e 2026, Chanzos de memoria é un arquivo de 20 entrevistas a 22 veciñas e veciños de Xuño que, pola súa idade, entre 104 e 68 anos, gardan a memoria da parroquia. A idade foi un dos criterios de selección manexados, pero tamén, en dous casos, malia ser aínda relativamente xoves, considerouse que a súa actividade na parroquia merecía recoller a súa experiencia.
Chanzos de memoria é un arquivo de entrevistas a veciñas e veciños de Xuño nacidos entre 1921, data de nacemento de Encarnación de Giandón, a máis vella das entrevistadas, e 1957, ano de nacemento de Gelucho, o máis novo. Ao final son 20 entrevistas a 22 persoas (dous matrimonios fixeron a entrevista á vez), ainda que inicialmente se falou con máis de 40 familias. O proxecto foi realizado por 2 veciños de Xuño, o historiador e xestor cultural Manuel Olveira e o artista e cineasta Javier Codesal, que contaron coa axuda de Bárbara Vila, presidenta da Comunidade de Montes de Xuño, Manel Santos, secretario da mesma, Marta Sopeña, presidenta da Asociación de Veciñas e Veciños de Xuño ata 2024, José Antonio Brión, presidente da mesma dende 2024. Tamén colaborarou moi activamente no proxecto Luz Chouza Resúa.
Cada unha das entrevistas que compoñen o arquivo Chanzos de memoria leva un retrato videográfico da persoa entrevistada, xeralmente na porta da súa casa, remarcando así a pertenza ao lugar e o enraizamento situado das memorias e dos saberes que cada persoa conta e transmite. Neste retrato cada persoa entrevistada está acompañada ben polas rapaciñas de Rexoubeiriños, dirixidas por Josefa Hermo, ben dalgúns membros da Banda de Música de Caamaño, ou ben ocasionalmente por Xosé Piñeiro, tocando un fragmento de música coa zanfoña.
Dende o horario de apertura de cada bar, sobre as 09’30 da mañá ata as 21’00 horas da tarde atoparémonos nos bares Palmeras, Mariño, de Carlos, das Furnas e Fraga Balada.
Desde as 16’00 ata as 21’00 horas a Banda de Caamaño percorrerá os bares e tocará algunhas pezas en cada un deles. Non perdades este evento verdadeiramente excepcional por moitos motivos!
Será un día de festa para aprender dos nosos maiores, para encontrarnos, escoitar, falar e compatir. Agardámosvos!